O Concello ten ultimado o proxecto de reforma e habilitación do local de Ferreiros como dependencias municipais. Pendente da súa aprobación pola Xunta de Goberno local, está previsto que estea en licitación antes de que remate o ano, segundo informou este luns o portavoz municipal, Raimundo González.
"O proxecto valorouse en 1.246,953,40 euros", sinalou Raimundo González, quen engadiu que no prego de condicións do concurso incluirase como posibles melloras a instalación de mobiliario.
O local que o Concello de Pontevedra adquiriu na rúa Ferreiros ten 1.328 metros cadrados de superficie e nel instalaranse os servizos municipais de Xestión Tributaria, Tesourería e Urbanismo, nos que traballan máis de 70 persoas.
Coa súa apertura "mellorarán as condicións de traballo do persoal e tamén mellorarase se xeito substancial a atención cidadá", indicou González.