A reforma da rúa do Gorgullón inaugurarase este domingo 1 de decembro a partir das 18.00 horas cunha actuación musical e o aceso da nova iluminación desta zona da cidade.
Esta reforma estivo cofinanciada con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o orzamento ascendeu a 1.258.629 euros. Os traballos iniciáronse en outubro de 2018 e consistiron na creación dunha plataforma única na que só se permite a circulación restrinxida a residentes. Peonalizouse a rúa do Muíño coa creación de escaleiras e dunha rampla con muros de pedra para rebajar la pendiente.
O Camiño de Santiago sinalizouse cunha cor e pavimento diferente entre as beirarrúas e a calzada, con luces led no chan similares ás que se atopan no centro histórico para marcar o traxecto aos peregrinos. Calcúlase que por esta vía pasarán ao redor de 80.000 peregrinos cada ano.
Durante este acto vai inaugurarse a iluminación con farois led. A reforma incluíu tamén a ampliación da rede de auga potable, con separación das augas fecais das pluviais, ademais da instalación dunha rede eléctrica nova. A senda do Gafos conta tamén cunha nova entrada e a praza do Gorgullón mellora a accesibilidade.
Plantáronse pereiras de flor para embelecer as partes traseiras dos edificios, segundo indica o Concello de Pontevedra, e tamén especies de Gyngko Bilobas na praza restaurada da entrada.