A comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos analizou este martes a futura ordenanza de xestión de residuos municipais, para que os grupos municipais poidan facer as súas achegas.
Segundo explicou concelleiro responsable desta área, César Mosquera, trátase dunha "ordenanza pioneira", adaptada ao normativa marco da Unión Europea que aínda que é unha obrigación para todos os concellos, a día de hoxe non hai ningún gran municipio español que conte coas súas normativas municipais sobre residuos adaptados a esas lexislacións comunitarias e estatais.
No caso do Concello de Pontevedra esta ordenanza "internamente xa pasou todos os informes e está lista para poder aprobala", segundo indicou Mosquera, aínda que "tal e como está a composición da corporación, estamos ao albur de que o queiran dicir os outros grupos".
SANTIÑA
Por outra banda, nesta comisión tamén se deu conta da situación da reforma da Rúa Santiña, que ten "toda a tramitación rematada" polo que "puido empezar a obra hai tres semanas, máis ou menos, pero atopámonos coa dispoñibilidade económica" ao non ter o Concello aprobados os seus orzamentos. "Xa advertimos, por activa e por pasiva, de que ía crear certos problemas", sinalou Mosquera.
O concelleiro nacionalista apuntou que "neste caso o problema non é especialmente grave".
ZONA DE BAIXAS EMISIÓNS
Por último, César Mosquera confirmou que nas próximas semanas procederase á instalación dos sinais de tráfico que indican as zonas de baixas emisións (ZBE), unha circunstancia que "non vai supoñer absolutamente ningunha diferenza con respecto ao que hai hoxe" xa que a ZBE xa está implantada desde o inicio de ano e esta nova sinaléctica non significará "ningún cambio" polo que os coches "poden perfectamente circular como circulaba ata o de agora".