Técnicos da Deputación de Pontevedra confirmaron ao Concello de Ponte Caldelas que, tras a paréntese do Nadal, acometerán os traballos de limpeza e posta en valor do Castro de Pena Redonda, na parroquia de Forzáns, dentro das actuacións que se leva a cabo este organismo en toda a provincia, dentro do Plan Provincial Integral para o aproveitamento turístico dos depósitos galaico-romanos.
Esta actuación, que será das primeiras que se acometan co inicio do ano, supoñerá para o Castro de Pena Redonda a realización dunha serie de actuacións para a posta en valor e conservación deste depósito, da Idade do Ferro, único no seu xénero pola súa antigüidade, situación e especificidades.
Preténdese levar a cabo un importante labor de limpeza e recuperación xa que o paso do tempo e a falta de tarefas de mantemento fai que estea practicamente inaccesible para o visitante.
Tamén prevé a realización da sinalización das rutas de acceso e procederase á elaboración dunha serie de iniciativas promocionais.