A concelleira de Medio Ambiente de Marín, Marían Sanmartín, analizou esta semana os datos do reciclaxe da localidade, e indicou que supoñen unhas cifras "realmente boas, incluso por riba da media autonómica e estatal".
Os datos achegados por Ecoembes indican unha mellora na porcentaxe nos residuos reciclados pola poboación. De forma global, por habitante e ano reciclan 19,5 quilos de papel e cartón, 20,2 do colector amarelo e un 21% dos residuos calificados como impropios ou que non están ben separados rozan o 21%.
"Como xa levamos desde hai varios anos, estes datos son moi bos e a súa tendencia sempre é de mellora. Estamos moi contentos e satisfeitos polo bo comportamento que a veciñanza de Marín demostra neste sentido e seguiremos traballando para que a recollida selectiva siga sendo sinxela e fácil de realizar, con illas de colectores completas en case todo o municipio", indicou a concelleira.
En comparación co ano 2017, aumentou a recollida do colector amarelo nun 3,11%, pasando de 475.820 kilos a 490.610. No caso dos impropios foi moi chamativa a reducción, pasando dun 41% de residuos mal reciclados fronte ao 21%.
Ademais, pasaron de 189.400 kg en 2017 a 474.480 en 2020, é dicir, un 150% máis, na recollida de papel e cartón.
Desde o Concello indicaron que estes datos son debidos á mellora na concienciación en torno á reciclaxe na sociedade, ademais da renovación do servizo de colectores da vila ás que se adheriron 80 establecementos de restauración e hostalería.