'A Recalada' "chegou para quedar"

Soutomaior
18 de agosto 2024

'A Recalada', un encontro do mar que se desenvolveu ao longo deste sábado, contou cun éxito de participación tanto no peirao de Arcade como na degustación a bordo no Balandro Santa Cruz, que esgotou as súas prazas das súas catro viaxes en apenas seis horas

Celebración de 'A Recalada' no Peirao de Arcade
Celebración de 'A Recalada' no Peirao de Arcade / Concello de Soutomaior

'A Recalada', un encontro do mar que se desenvolveu ao longo deste sábado, contou cun éxito de participación tanto no peirao de Arcade como na degustación a bordo no Balandro Santa Cruz, que esgotou as súas prazas das súas catro viaxes en apenas seis horas.

Tamén estiveron cheas as quendas de iniciación á vela e os paseos en kaiak pola ría.

Segundo explicou o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, "tradición, música, gastronomía e convivencia formaron e seguirán formando parte deste evento que chegou para quedar". Foi un atractivo tanto como para as xentes locais como para as visitantes, que tiveron a oportunidade de gozar dunha esperiencia cultural e de lecer a carón do mar.

Durante a xornada houbo actividades moi variadas, unha das máis bonitas foi o izado da bandeira das 15 embarcacións tradicionais que participaron neste encontro.

Tamén houbo citas relacionadas co mar, o turismo sostible, as artes de pesca, a artesanía local, a gastronomía, a música popular nunha ampla programación que contou con navegacións, concertos como os de Abelieras de Alxán, Chispas do Lérez, Son das Tabernas e Falperrys, exposicións, animación na rúa, artesanía, obradoiros e actividades para a cativada e para todas as idades.