A Real Academia Nacional de Medicina premia á Fundación A.M.A. como Socio Protector de Honra

Pontevedra
12 de maio 2022

O doutor Diego Murillo foi o encargado de recoller a medalla e o diploma que acredita á Fundación A.M.A. como Socio Protector de Honra, de mans do presidente da Real Academia Nacional de Medicina, Eduardo Díaz-Rubio

O doutor Diego Murillo recolle a medalla e o diploma que acreditan á Fundación A.M.A. como Socio Protector de Honra
O doutor Diego Murillo recolle a medalla e o diploma que acreditan á Fundación A.M.A. como Socio Protector de Honra / A.M.A.

A Real Academia Nacional de Medicina (RANM) celebrou, o pasado 10 de maio, o Día da Academia mostrando o seu recoñecemento a aquelas entidades que grazas á súa colaboración e apoio fan posible que a RANM, segundo palabras do seu presidente Eduardo Díaz-Rubio, poida "desenvolver os distintos programas e proxectos que ten encomendados a Real Academia a través dos seus estatutos".

Entre estas institucións atópase a Fundación A.M.A. que preside o doutor Diego Murillo, que foi o encargado de recoller a medalla e o diploma que acreditan á Fundación como Socio Protector de Honra, de mans do presidente da RANM, Eduardo Díaz-Rubio.

A Fundación A.M.A., fiel aos seus valores de promocionar, apoiar e impulsar as actividades científicas, culturais e docentes dos diferentes sectores sanitarios da sociedade, colabora dende hai anos coa RANM no proxecto de elaboración do Diccionario Prehispánico de Términos Médicos (DPTM) que posibilitará a normalización e a defensa do patrimonio lingüístico como vehículo de transmisión do coñecemento médico.