A protectora de animais Os Palleiros organiza unha festa de entroido. A cita será o día 18, Mércores de Cinza e festivo local en Pontevedra, no auditorio do Pazo da Cultura ás cinco da tarde con varias actividades para pasar unha tarde divertida. As familias poderán levar ás súas mascotas disfrazadas pero éstas non poderán entrar no Auditorio.
Este "carnaval palleiro" anima a todos os nenos pontevedreses a que acudan e colaboren coa protectora de animais.
Os organizadores programaron as actuacións de Pinga Teatro e da Escola de Danza Media Punta de Vigo. Ademais haberá pinturas, música e sorteos.
Para participar hai que comprar unha entrada que custa cinco euros cos que, ademais de pasar unha tarde divertida, colabórase coa protectora para atender aos animais. As entradas están á venda nos establecementos "Pequeñitos y adorables" (rúa San José 4, Pontevedra), "El Baúl de Veva" (rúa Peregrina 3, Pontevedra) e "Copistería y papelería Ares" (rúa Michelena 9, Pontevedra).
AXUDA PARA MOLDES
Dende Os Palleiros tamén informaron da morte de Moldes, un can que foi atropelado na noite do 22 de xaneiro en Marcón, preto da nave de Moldes. Queda polo tanto suspendida a campaña de recollida de fondos iniciada para facer fronte aos gastos para pagar a factura polos servizos veterinarios.
O animal fora encontrado por uns mozos que se puxeron en contacto coa protectora. Moldes tiña problemas de respiración debido a un pneumotorax provocado polo golpe, ademais sufría gran dor debido a unha posible fractura ou fisura nas súas vértebras. A lesión non se podía ver cunha simple placa polo que necesitou un TAC con urxencia, algo que só se pode facer no hospital veterinario de Lugo ou no de Porto, onde foi trasladado.
Finalmente fixéronlle o TAC, "comprobándose que el daño a causa de las fracturas era mayor del que se pensaban por lo que valorando todas las posibilidades han decidido que la mejor opción es dormirlo".