No seu primeiro día libre tras o seu ingreso á Escola Naval Militar, a princesa de Asturias gozou do seu tempo de lecer cos seus compañeiros de promoción.
Así, pola tarde do sábado foron a comer á Bocatería D´Elvi, unha tapería de Moaña situada no porto de Meira onde reservara mesa previamente. Ao finalizar fixéronse unha foto cos traballadores do establecemento.
"Gracias por haber elegido nuestra casa, como siempre encantadores", publicou xunto á foto Elvira, a dona, no Facebook do establecemento.
E pola noite Leonor de Borbón e os seus compañeiros estiveron de copas pola zona vella de Pontevedra.
Leonor acudiu a La Moncloa, unha visita que está a dar para moitas bromas, e ademais deste pub da Rúa Palma tamén estivo en La Botica, na praza de Méndez Núñez.