A primeira fase do centro de oficios tradicionais da Casa do Priorato de Sanxenxo custará 190.579 euros

Sanxenxo
11 de abril 2015

A actuación enmárcase nun investimento total de 342.545 euros que se destinarán outros proxectos como a reforma do aparcadoiro da praia de Areas, ao acondicionamento da zona de estacionamento da Casa de Cultura de Dorrón e dun camiño en Montalvo, así como o pintado do pavillón do CEIP A Florida

Foto histórica da Casa do Priorato de Sanxenxo
Foto histórica da Casa do Priorato de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo anuncia un novo fito para a recuperación da Casa do Priorato para convertela nun centro de formación de oficios tradicionais. A primeira fase da actuación xa conta con fondos, 190.579 euros, e ten por finalidade restaurar tanto a cuberta coma os muros de fábrica do cerramento das distintas edificacións, dado o interese municipal por conservar o seu patrimonio.

A actuación enmárcase nun investimento total de 342.545 euros que se destinarán outros proxectos como a reforma do aparcadoiro da praia de Areas, ao acondicionamento da zona de estacionamento da Casa de Cultura de Dorrón e dun camiño en Montalvo, así como o pintado do pavillón do CEIPA Florida. O concelleiro de Obras e Infraestruturas, Tino Sanmartín, explicou que o Concello acometerá estas actuacións a través do Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra.

En relación co espazo de aparcadoiro anexo á praia de Areas, indicou que se encontra moi deteriorado, co pavimento levantado polas raíces dos piñeiros que hai na zona e os bordos esnaquizados.

Ademais, algunhas das árbores alí existentes perderon a súa verticalidade e corren o risco de derruba, "co conseguinteperigo que supón para os usuarios desta área", de modo que a proposta técnica do Concello pasa polo tallado das árbores, que serán substituídos por novas especies arbóreas, o escarificado do firme, a dotación de base granular e a formación de novas gabias e regos.

As obras culminarán coa execución da nova capa de rodadura con mestura bituminosa en quente e o pintado das 75 prazas de aparcadoiro, entre as que se encontran aquelas reservadas a persoas con discapacidade.