A presión hospitalaria multiplícase na área sanitaria, con máis do dobre de pacientes con covid-19 nunha semana

Pontevedra
07 de decembro 2021

Este martes hai 39 pacientes ingresados fronte aos 18 do martes pasado. Tres están na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo e 36 en planta de hospitalización. Os casos activos tamén seguen crecendo e hai 1.144 , 111 máis que o luns, tras detectarse en 24 horas 128 novos positivos 

Urxencias do Hospital Montecelo
Urxencias do Hospital Montecelo / Mónica Patxot

O avance da pandemia non se detén na área sanitaria, con especial preocupación sobre a situación dos hospitais. Este martes hai 39 pacientes ingresados, máis do dobre que fai xusto unha pasada. O martes pasado había 18, menos da metade, e iso que no mesmo período tamén se confirmaron catro mortes de pacientes hospitalizados. 

Tan só entre o luns e o martes -sempre con datos das seis da tarde do día anterior- han aumentado en dous casos e durante a fin de semana foron 16 máis desde o venres.  

Dos 39 deste martes, tres están na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo e 36 ingresados en planta de hospitalización. Son 34  en planta no  Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 2 no Hospital  do Salnés. 

Os casos activos tamén seguen crecendo e hai actualmente permanecen 1.144 casos activos na área sanitaria, 111 máis que o luns, tras detectarse en 24 horas 128 novos positivos e darse 17 altas. 

Ademais dos 39 hospitalizados, hai 1.105 pacientes evolucionando en corentena no seu domicilio.

Desde o inicio do plan de continxencia do COVID-19 curáronse 21.579 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 210 pacientes. A última morte confirmada produciuse o domingo no Hospital Montecelo, unha muller de 91 anos que presentaba patoloxías previas. En total, entre o domingo 28 de novembro e o 5 de decembro, foron cinco vítimas mortais nunha semana. 

En canto a realización de PCR’ s, nas  uúltimas 24 horas fixéronse 1.054, que elevan a 323.757 o total das xa efectuadas desde o inicio da pandemia.

GALICIA

A nivel autonómico, a situación tamén é de crecemento imparable. Este martes hai 9.028 casos activos, 437 infectados máis, tras confirmarse 668 positivos

Nos hospitais hai 246 pacientes, 9 máis que o luns, todos eles en planta. En total, son 211 en planta e 35 en UCI. 

Por áreas sanitarias, en Vigo hai 2.711 casos, 122 máis que o luns, tras sumar 190 positivos novos nunha xornada. En Ourense son 2.241, 101 máis, tras sumar 156 novos casos. Na Coruña son 1.205, 33 máis, tras 76 novos positivos. En Ferrol ascenden a 409, 16 máis, tras sumar 29 novos. En Lugo son 679, 29 máis, e sumaron 47 novos. En Santiago ascenden a 639, 25 máis. despois de detectar 41 novos.