A prensa internacional anglosaxona chama ás portas do modelo Pontevedra.
Obritánico Daily Express, a canle audiovisual norteamericana Bloomberg, a revista norteamericana especializada en cambio climático Outrider, e a revista económica Fast Company son algúns dos exemplos de solicitude de información que chegaron nestas dúas semanas á Álcaldía de Pontevedra.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores xa mantivo varios encontros e continuará con entrevistas a vindeira semana e no mes de agosto.
Lores destaca o posicionamento que está a ter o modelo de cidade no mundo anglosaxón, que se iniciou anos atrás co artígo de The Guardian e a visita á cidade da axencia de noticias norteamericana Associated Press.
"Esta presencia nos medios británicos e norteamericanos supón un espaldarazo á proxección internacional da cidade, e agardemos que teña importantes retornos económicos no futuro próximo. Algo polo que os pontevedreses e pontevedresas levamos anos traballando, e impulsando dende o Goberno local: a calidade de vida como reclamo residencial e turístico", afirmou o alcalde.
No Daily Express, e tras unha entrevista co propio Lores, o pasado domingo, día 2 de xullo, publicouse un artigo baixo o titular "A cidade europea na que todos queren mercar unha casa despois de prohibir os coches".
Doutra banda, a revista Outrider publicou o pasado 26 de xuño un artigo da xornalista norteamericana Melissa Rossi, que coñeceu a "Boa vila" a finais do 2021. Nel resaltou a cidade como modelo para inspirar outras cidades que empezan a loitar polo control do espazo público.
Bloomberg, canle norteamericana, repetirá visita á cidade do Lérez, á que xa destacou nunha reportaxe en 2018.. Nesta ocasión, traballadores do medio regresarán para entrevistar ao propio Lores, tal e como se avanzou desde o Consistorio.
Por último e tamén para entrevistar o rexedor local pontevedrés, o 17 de agosto de leste mesmo ano, David Zipper -profesor do Taubman Center for State and Local Government da Harvard Kennedy School- visitará a cidade galega. Farao coa pretensión de elaborar un artigo para Fast Company, revista de negocios americana de tirada mensual.
No Daily Express, e tras unha entrevista co propio Lores, o pasado domingo, día 2 de xullo, publicouse un artigo baixo o titular "A cidade europea na que todos queren comprar unha casa despois de prohibir os coches".
Doutra banda, a revista Outrider publicou o pasado 26 de xuño un artigo da xornalista norteamericana Melissa Rossi, que coñeceu a "Boa vila" a finais do 2021. Nel resaltou a cidade como modelo para inspirar outras cidades que empezan a loitar polo control do espazo público.
Bloomberg, canle norteamericana, repetirá visita á cidade do Lérez, á que xa destacou nunha reportaxe en 2018. Nesta ocasión, traballadores do medio regresarán para entrevistar ao propio Lores, tal e como se avanzou desde o Consistorio.