A precariedade laboral e a solidariedade con Palestina, eixos do 1 de maio de CGT

Pontevedra
01 de maio 2024

Este sindicato, que prefire falar de Día Internacional da clase obreira, partiu do Hospital Provincial e terminou fronte á Subdelegación do Goberno, percorrendo as rúas de Pontevedra coa pancarta de cabeceira "Paro, precariedade, sinistralidade laboral, violencia, guerra … capitalismo e estados, culpables -  Solidariedade con Palestina”

Manifestación de CGT polo Día Internacional do Traballo 2024
Manifestación de CGT polo Día Internacional do Traballo 2024 / Cristina Saiz

O sindicato CGT saíu á rúa este 1 de maio, Día Internacional do Traballo, en Pontevedra cunha dobre lema reivindicativo centrado na precariedade laboral e a situación do pobo palestino. 

Este sindicato, que prefire falar de Día Internacional da clase obreira, partiu do Hospital Provincial e terminou fronte á Subdelegación do Goberno, percorrendo as rúas de Pontevedra coa pancarta de cabeceira "Paro, precariedade, sinistralidade laboral, violencia, guerra … capitalismo e estados, culpables -  Solidariedade con Palestina”

O seu responsable local, Miguel Cuña, explicou que, por unha banda, queren que este día sirva para denunciar da precariedade e, en especial, a sinistralidade laboral que "nestes momentos está a levarse dúas vidas por día en España", con máis de 700 traballadores falecidos en España en 2023.

Esta reivindicación está acompañada doutra de solidariedade co pobo palestino na súa situación actual de guerra e Miguel Cuña lembra que CGT iniciou un proceso de contactos e debate con todas as organizacións palestinas e organizacións sociais que traballan no ámbito da solidariedade co pobo palestino co obxectivo de convocar unha folga xeral de 24 horas a nivel estatal "Polo fin do Xenocidio e o Apartheid en Palestina".