O coso de San Roque segue enchéndose todos os primeiros sábados de setembro para gozar do Gran Torneo Medieval. Nesta ocasión, o grupo de especialistas Hípica Celta volvía ofrecer unha dobre sesión do seu espectáculo e a praza de touros enchíase con público procedente de distintos puntos da península.
O enfrontamento entre cabaleiros medievais logrou a ovación dos espectadores que, en moitos casos, accedían ao recinto despois de facer cola ata completar a capacidade de 7.600 persoas, que ten a praza pontevedresa.
Durante a primeira xusta, Pontevedra se convertía en Trending Topic en España grazas ao hashtag #HaiFeiraFranca.