A Praza de España móvese a ritmo de danza

Pontevedra
09 de xullo 2021

Ducias de pontevedreses participaron na estrea do programa 'A Vida é Movernos', unha iniciativa municipal que busca promover a práctica de actividade física na rúa. Foi con 'Feel the Vibe', un festival de danza aberto ao público que se celebrou na Praza de España

Festival de danza 'Feel the Vibe'
Festival de danza 'Feel the Vibe' / Concello de Pontevedra

Ducias de pontevedreses participaron na estrea do programa 'A Vida é Movernos', unha iniciativa municipal que busca promover a práctica de actividade física na rúa. Foi con 'Feel the Vibe', un festival de danza aberto ao público que se celebrou na Praza de España.

Incluíu actuacións de hip hop lírico e infantil, bachata, danza urbana comercial, infantil e xuvenil, zouk brasileiro, jazz fusión e funk brasileiro.

O espectáculo estivo organizado e coordinado polos coreógrafos e bailaríns Verónica Aboy, Luciano Gomes e Yara Juncal, da Getting Jiggy, unha escola de danza multidisciplinar que naceu en Pontevedra hai catro anos.

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, mesmo animouse a dar exemplo e subiu a escenario para probar a súa destreza co baile.