A praza da Ferrería acollerá o desfile central da segunda edición de PONMO

Pontevedra
17 de xuño 2014

A segunda edición da pasarela Pontevedra Moda (PONMO) celebrarase os días 26 e 27 de setembro apostando por sacar os desfiles á rúa, segundo recoñeceu a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román

Desfile 'PONMO na Rúa', celebrado na rúa Rosalía de Castro
Desfile 'PONMO na Rúa', celebrado na rúa Rosalía de Castro / Mónica Patxot

A segunda edición da pasrela Pontevedra Moda (PONMO) apostará por sacar os desfiles á rúa.

Así o recoñeceu na presentación do evento, que se desenvolverá os días 26 e 27 de setembro, a concelleira de Promoción Económica Carlota Román, quen defendeu "escapar de la forma tradicional de las pasarelas de moda".

Desta forma PONMO arrancará o venres 26 co certame de novos deseñadores "con una parte en el Casino y otras cosas en la calle".

Un día despois, o sábado 27 de setembro, será a quenda para o desfile central, con deseñadores contrastados, e que terá como lugar de celebración se o tempo o permite "el entorno de A Ferrería", segundo revelou a concelleira.

O que aínda non se coñece é a nómina de deseñadores que acudirá á cita, que si conta xa coa confirmación da deseñadora italiana afincada en Madrid Sonia Giordani.

A programación de PONMO completarase con diversas actividades relacionadas coa moda e unha campaña de promoción que será elaborada polo fotógrafo pontevedrés Marcos Suárez.