A praia de Montalvo iza de novo a bandeira azul tras a incidencia no emisario submarino

Sanxenxo
02 de agosto 2024

Durante a semana mantivéronse vixentes medidas preventivas que restrinxían o uso e baño dun tramo do areal

Socorrista en Sanxenxo
Socorrista en Sanxenxo / Mónica Patxot

A praia de Montalvo volve mostrar desde este venres 2 de agosto a bandeira azul e despois de que o pasado luns unha incidencia no emisario submarino supuxo ao Concello retirar temporalmente este distintivo e acordoar e pechar para o baño un tramo do extremo esquerdo deste areal de Sanxenxo.

A incidencia, o esmagamento de parte do emisario a uns cincocentos metros da beira, quedou solucionada na mesma xornada do luns, pero as medidas preventivas e restritivas mantivéronse a expensas dos resultados das analíticas que veñen repetindo durante a semana.

Ditas mostras analíticas da auga estivéronse recollendo por parte da empresa concesionaria do servizo municipal como pola Consellería de Sanidade. Unha vez que este departamento da administración autonómica comunicaba que os resultados son os adecuados procedíase ao izado da bandeira azul.

Ademais este venres tamén se concluía a ensamblaxe do vello emisario submarino á vez que a empresa Acuaes continúa cos traballos de instalación do novo emisario, pertencente ao proxecto de saneamento ao lado norte da ría de Pontevedra.