A praia de Compostela, primeiro areal de Vilagarcía libre de tabaco

O Salnés
01 de maio 2021

A praia de Compostela, en Vilagarcía, súmase á 'Rede galega de praias sen fume' e convértese no primeiro areal do municipio libre de tabaco. Este distintivo aportará un valor engadido xa que incluirase nos folletos turísticos da comunidade autónoma

Praia da Concha-Compostela, en Vilagarcía
Praia da Concha-Compostela, en Vilagarcía / Concello de Vilagarcía

A praia de Compostela, en Vilagarcía, súmase á 'Rede galega de praias sen fume' e convértese no primeiro areal do municipio libre de tabaco. Este distintivo aportará un valor engadido xa que incluirase nos folletos turísticos da comunidade autónoma.

Con esta iniciativa, xerada pola Dirección Xeral de Saúde Pública, pretenden desnormalizar o consumo de tabaco e informar á poboación sobre os beneficios que ten para a saúde non fumar. Segundo o goberno municipal vilagarcián, é unha das zonas máis "axeitadas para sensibilizar ao máis cativos sobre os riscos que conleva o tabaquismo activo e pasivo".

Desta forma, sinalizarán a praia Compostela (non inclúen a Concha) con carteis, bandeiras e demáis material. Un compromiso que se suma ao resto de accións encamiñadas a lograr unha sociedade libre de tabaco.

Este distintivo de 'Praia sen fume' supón que o areal será promocionado na web da Consellería de Sanidade e doutras entidades, incluirase en folletos turísticos da comunidade autónoma e formará parte dunha rede de excelencia, aportando un valor engadido.