Pontevedra acollerá o vindeiro 24 de xullo a Copa do Mundo de Tríatlon 2022, unha proba deportiva que provocará restriccións da mobilidade especialmente nos desprazamentos en vehículos entre as 9:00 e as 20:30 horas.
Para minimizar o impacto que poida causar esta proba deportiva, a Policía Local fixo un avance do plan de mobilidade que activará esa xornada e aclarará dúbidas no teléfono 986 833080.
As persoas interesadas deixarán o seus datos de contacto e a consulta a resolver. Posteriormente, unha vez estudado cada caso, a Policía porase en contacto coa persoa para facilitarlle unha solución ou ampliar a información.
En principio, as restricións do día 24 serán pola mañá entre as 9 e as 15:30 horas e pola tarde entre as 5:30 e as 20:30 horas.