A Policía Local de Vilagarcía detivo na madrugada deste luns un individuo de 41 anos por participar nunha pelexa con outro home.
Segundo informou o Concello de Vilagarcía, este individuo intentou agredir a outro cun cúter na avenida Doutor Tourón.
O detido dicía que a causa da pelexa fora que a outra persoa lle quitara 20 euros.
Pola contra, os axentes recabaron a versión dos feitos deste último home que explicou que o detido, horas antes, ameazara co cúter ao fillo menor da súa acompañante, extremo corroborado por esta e outra testemuña.