A Policía Local de Pontevedra sóbese á bicicleta

Pontevedra
08 de outubro 2022

Coincidindo coa celebración da PMUS Party, cun roteiro familiar en bicicleta polas rúas da cidade, unha parella de axentes luciu por primeira vez as bicis adquiridas pola Policía Local de Pontevedra

Novas bicicletas da Policía Local de Pontevedra
Novas bicicletas da Policía Local de Pontevedra / Concello de Pontevedra

Desde este sábado a Policía Local de Pontevedra conta cunha nova arma para controlar a seguridade e orde na cidade, ou máis ben dúas.

Trátase de dúas novas bicicletas, adquiridas recentemente e que se estrearon coincidindo coa celebración da PMUS Party, na que entre outras actividades estaba sinalada un roteiro familiar en bicicleta polas rúas da cidade.

Unha parella de axentes pousou coas novas máquinas á súa disposición antes de iniciar o roteiro.

A intención da Policía Local cos seus novos vehículos é poder manexarse cun menor impacto nas zonas peonís da cidade.

Ademais serán usadas para iniciativas de educación viaria e en probas deportivas.