A Policía Local de Poio recupera un cabrito roubado

Poio
05 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

Grazas á difusión nos medios e nas redes sociais, foi posible dar cos responsables e recuperar un cabrito que fora roubado nunha leira situada na rúa Antelo e Mariño

 A Policía Local de Poio recupera un cabrito roubado
A Policía Local de Poio recupera un cabrito roubado / Policía Local de Poio

Grazas á difusión nos medios e nas redes sociais, foi posible dar cos responsables e recuperar un cabrito que fora roubado nunha leira situada na rúa Antelo e Mariño.

O animal atópase en perfecto estado, segundo informou a Policía Local de Poio.

As pescudas permitiron tamén a identificación de dous mozos, un de 19 anos, veciño de Poio, e outro menor de idade, veciño de Pontevedra, que o pasado venres fuxían á carreira co cabrito de apenas mes e medio de vida.

Os mozos recoñeceron os feitos como unha falcatruada. 

Unha vez finalizadas as dilixencias serán trasladadas pola Policía Local ao Xulgado e a Fiscalía de Menores por un presunto delito de roubo do animal.