A Policía Local de Poio poñerá en marcha un operativo especial de tráfico polo desfile do Entroido

Poio
09 de febreiro 2018

O percorrido do desfile do Entroido en Poio sairá este domingo 11 sobre as 16:30 horas na Praza da Granxa PO-601 con dirección Rúa Costa, desfilando por Camiño Castelo e saíndo á estrada PO-308 na Avenida de San Xoán, continúa dirección Sanxenxo polo carril esquerdo virando na 4º Travesía da Seara e finalizando na chaira da Seca, sobre as 19:30 horas

Desfile de entroido en Poio
Desfile de entroido en Poio / Diego Torrado

O percorrido do desfile do Entroido en Poio sairá este domingo 11 sobre as 16:30 horas da Praza da Granxa na PO-601 con dirección Rúa Costa, desfilando por Camiño Castelo e saíndo á estrada PO-308 na Avenida de San Xoán, continuará dirección Sanxenxo polo carril esquerdo virando na 4º Travesía da Seara e finalizando na chaira da Seca, sobre as 19:30 horas.

As alternativas de tráfico que se pretenden levar a cabo son: 

  • O tráfico que circula desde Sanxenxo dirección Pontevedra será desviado desde a rotonda das Bardancas cara o vial norte VG.4.8.
  • O tráfico procedente desde Pontevedra dirección Sanxenxo será desviado á altura do cruzamento da Avenida de San Xoán coa rúa Castelo e a rúa Cesteiro, canalizando todo o tráfico pola EP 0603, (rúa Cesteiro, Rúa Muiño, Ordogomonte) ata a rotonda que conflúe coa EP 0017, a cal ten acceso ao vial norte V.G.4.8.

 

Paralelo ao desfile polo carril dereito da PO 308, queda habilitada unha vía para os servizos de emerxencia, instalando un valado de obra ao longo do eixo central da calzada desde os cruces das rúas Castelo con Avenida San Xoán ata o comezo da rúa Francisco Fernández de la Mora y Mon, de ser preciso a súa utilización estes vehículos saen por esta última rúa ao vial norte V. G.4.8.

As medidas de sinalización para os desvíos alcanzan a PO 531, dirixíndoos cara ao vial norte VG.4.8, para que o tráfico xa non acceda á estrada PO-308. Na PO-308 comezarase coa sinalización na confluencia da Rúa Domingo Fontán seguindo na Barca, Andurique, Albar, indicando os peches de rúas e desvíos alternativos. 

Para o control do tráfico e xestión da seguridade viaria dispóñense de oito efectivos da Policía Local de Poio, que conta coa colaboración de 12 voluntarios de Protección Civil e 10 persoas dos servizos operarios do Concello de Poio, que garantirán a seguridade do evento e a necesaria fluidez do tráfico.

Arquivado en