A Policía Local de Cambados sufoca un incendio dunha vivenda no centro urbano

O Salnés
03 de febreiro 2020

A propietaria da vivenda foi atendida polo médico da ambulancia do 061 por intoxicación de fume, pero non foi trasladada a un centro hospitalario

Servizos de Emerxencias no incendio nunha vivenda da rúa Ourense, en Cambados
Servizos de Emerxencias no incendio nunha vivenda da rúa Ourense, en Cambados / Servizo de Emerxencias

O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados interviña este luns ás 12.50 horas na rúa Ourense do municipio, ante a presenza dun incendio nunha vivenda desa céntrica rúa.

Ata o lugar desprazábanse efectivos da Policía Local de Cambados, unha ambulancia do 061, o servizo de Protección Civil e Bombeiros do Salnés. Os axentes da Policía Local lograron apagar as lapas no interior da vivenda. 

Os Bombeiros e o servizo de emerxencias encargáronse da ventilación da vivenda. A dona da vivenda, P.S.S., foi atendida polo médico da ambulancia medicalizada ao verse afectada pola inhalación de fume. Os servizos médicos finalmente decidiron non trasladar á muller a un centro hospitalario.