A rápida intervención dunha patrulla da Policía Local de Marín na madrugada do pasado martes permitiu a detención "in fraganti" dun home de 46 anos de idade con múltiples antecedentes policiais previos por diferentes delitos contra o patrimonio.
Segundo informan fontes oficiais da Policía Nacional, grazas á colaboración cidadá, os axentes sorprenderon ao individuo mentres trataba de forzar a máquina comecartos dun bar do centro urbano de Marín tras violentar previamente a persiana exterior do mesmo ás catro da madrugada.
A partir dese momento fíxose cargo da investigación o Grupo de Policía Xudicial da Policía Nacional de Marín, quen xa tiñan unha investigación en curso pola comisión doutros roubos con forza de idénticas características ao longo dos meses de Julio e Agosto en diferentes establecementos de hostalería de Marín, todos eles labores durante a madrugada e empregando medios similares aos deste último feito delituoso.
No momento da súa detención, ao autor do roubo foille intervida unha mochila que contiña diversas ferramentas.
Tras a inspección ocular de Policía Científica e outras xestións de investigación os axentes localizaron o vehículo aparcado a unhas rúas do bar violentado. Na inspección do interior do vehículo os axentes localizaron documentación persoal, un teléfono móbil, e diversas ferramentas susceptibles de ser empregadas para cometer feitos delituosos.
Ao detido, que foi posto ao dispor da Autoridade Xudicial, atribúenselle ata a data un total de seis roubos con forza cometidos en diferentes establecementos de hostalería de Marín entre os meses de Julio e Setembro e non se descarta a súa implicación en máis feitos delituosos.