A Policía Nacional lembra que a mellor maneira para evitar ser vítima de fraudes e estafas cibernéticas é facer uso do sentido común pero ademais lembra á cidadanía a necesidade de mostrar especial atención ás cinco premisas claves que permitirán realizar compras seguras na rede.
Para evitar os cargos fraudulentos, a suplantación de identidade, a recondución a unha páxina web falsa ou a remisión masiva de mensaxes con ofertas irreais, entre outras moitas estafas, os especialistas propoñen estas cinco pautas que serven como protección en calquera tipo de transacción:
- Non introduza o seu número de tarxeta en páxinas web de dubidosa confianza e, en caso de dúbida, non realice a transacción.
- Asegúrese de que sexa un sitio seguro. Para iso, comprobe que aparece a icona dun cadeado na barra de direccións do seu navegador.
- Verifique regularmente que os cargos recibidos na súa conta bancaria correspóndense coas compras que realizou.
- Utilice plataformas intermedias de pago, con tarxetas prepago ou con saldo reducido.
- Sempre que sexa posible, estableza unha dobre comprobación para aprobar a transacción (un código do banco remitido ao seu móbil, tarxeta de coordenadas etc.)/ etc.).
E ademais é conveniente evitar o uso de wifis públicas para estas operacións e conservar sempre o ticket ou xustificante da transacción de calquera tipo de compra para poder realizar as reclamacións correspondentes en caso de produtos defectuosos ou que non respondan ao esperado.
ÚLTIMAS FRAUDES DETECTADAS
As principais estratexias que seguiron os ciber estafadores durante os últimos anos, aproveitando o uso masivo das tarxetas de crédito para realizar pagos e a normalización das compras en liña, foron deseñadas para conseguir o seu obxectivo de enganar aos compradores durante as súas transaccións.
Entre elas, a Policía Nacional advirte sobre un 'modus operandi' detectado que consiste na recepción dunha chamada telefónica que esixe os usuarios afectados o pago dunha multa económica. As persoas que chaman fanse pasar por traballadores dun organismo, neste caso, supostos Inspectores de Sanidade que informan dunha presunta multa, que de non pagar supoñería o peche do establecemento.
Para realiza dita transacción, solicitan o pago por medio de códigos de prepago de Paysafecard. Trátase dun intento de fraude, Paysafecard non se utiliza como método de pago por avogados ou tribunais. Lémbrase que, en caso de intento de estafa, poderá bloquear os teus códigos de Paysafecard a calquera hora.