Un veciño de Vilagarcía de Arousa, de 48 anos de idade, con antecedentes policiais, foi detido pola Policía Nacional por un delito contra a saúde pública pola venda polo miúdo de cocaína a terceiras persoas.
Segundo informan fontes oficiais da Comisaría local, os axentes e as asociacións veciñais xa advertira que nun punto da cidade, a contorna do parque e arredores, poderíase estar a vender droga "polo miúdo" cunha continua trasfega de persoas para adquirir substancias estupefacientes.
En base ás devanditas informacións os axentes iniciaron un dispositivo de vixilancia na zona que desembocou na incautación de varias vendas de pequenas cantidades de haxix, marihuana e cocaína a outros tantos compradores.
A operación completouse cando os policías sorprenderon ao presunto vendedor cando se dirixía ao parque subido nun patinete para efectuar o intercambio coa parella alí presente.
Ao decatarse da presenza policial os presuntos compradores saen fuxindo á carreira e os axentes interceptan ao individuo do patinete.
Segundo detalla a Comisaría este home "levaba en mánoa seis envoltorios de plástico termosellados ao parecer cocaína e nun peto interior da cazadora levaba quince envoltorios máis, un total de 4,3 gramos de substancia pulverulenta ao parecer cocaína" e nunha bandoleira que portaba os axentes localizaron un total de 684 euros en billetes fraccionados.
Os axentes tras identificalo detivéronlle por un delito contra a saúde pública e trasladárono a dependencias policiais.