A Policía Científica despide o seu xefe, que se vai coa "espina clavada" do caso Sonia Iglesias

Pontevedra
17 de xaneiro 2015

José Manuel Abuín cambia de destino para trasladarse a Madrid e, para dicirlle ata logo, os seus compañeiros das dependencias policiais de Pontevedra e Marín quixeron facerlle unha concorrida comida de homenaxe no Parador

O xefe da Policía Cientifica de Pontevedra, José Manuel Abuín, no día da súa despedida
O xefe da Policía Cientifica de Pontevedra, José Manuel Abuín, no día da súa despedida / Mónica Patxot

A Brigada de Policía Científica da Comisaría de Pontevedra quedou un pouco orfa este venres. O que era ata agora o seu número 1, José Manuel Abuín, cambia de destino para trasladarse da cidade do Lérez a Madrid e, para dicirlle ata logo, os seus compañeiros das dependencias policiais de Pontevedra e Marín quixeron facerlle unha concorrida comida de homenaxe no Parador.

ÿ tan só un novo paso na carreira deste inspector que leva xa 37 anos no Corpo Nacional de Policía, 35 deles na Policía Científica, pero si será un paso importante para os que ata agora eran os seus compañeiros. Fórono durante os últimos sete anos en que estivo destinado a Pontevedra, pero tamén os anos previos, nos que traballou na Comisaría de Marín.

O seu novo destino seguirá sendo unha Brigada de Policía Científica, neste caso, en Madrid, pois é a súa "especialidad querida". El mesmo sinalou este venres que "la he vivido siempre y la estoy viviendo ahora como si llevara dos años en Policía Científica", pero hai "circunstancias personales" que o levaron a tomar esta decisión de trasladarse. De todos os xeitos, promete que estará "a puente entre Madrid y Pontevedra".

Este veterano inspector natural de Coles (Lugo) vaise, de todos os xeitos, cunha "espina clavada", á que evita poñer nome, pero da que sinala que "todos tenemos en mente", referíndose indubidablemente á desaparición da moza pontevedresa Sonia Iglesias Eirín en agosto do ano 2010, aínda sen resolver.

Fronte a este caso sen resolver resalta en bo traballo e os resultados que se tiveron na investigación do crime das dúas cidadás chinesas que apareceron mortas nun piso da rúa Amado Carballo. Aínda que diso prefire non falar José Manuel Abuín, pois "no me gusta presumir de hechos que salen bien porque creo que es lo que debemos hacer".

Na súa ausencia, Abuín non cre que a brigada que agora deixe quede coxa. Nin moito menos. Na súa opinión "hay grandes especialistas na brigada", que, ademais, están "comprometidos" co seu traballo. E é que para este inspector o "fundamental" para desempeñar ben este traballo son "profesionalidad, compromiso y entusiasmo".

Arquivado en