A Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas en Marín-Pontevedra mostrou a súa satisfacción pola resposta que está conseguindo por parte dos Concellos.
As peticións dos damnificados polas preferentes e as subordinadas de Novagalicia Banco están sendo cumpridas por parte das corporacións de Pontevedra, Poio e esta tarde tamén agardan que a de Marín.
No caso de Poio, o Pleno extraordinario do martes aprobou oficialmente por unanimidade un escrito de apoio aos 414 veciños do municipio "que teñen secuestrados os seus aforros". Comprometéndose ademais a cancelar as contas que a administración local ten contratadas nesta entidade bancaria si non devolve o diñeiro aos afectados.
Do mesmo xeito que na cidade do Lérez a Casa Consistorial poiense tamén loce unha pancarta, o mesmo xesto que fará o concello de Marín tralo pleno previsto para este xoves e no que se espera que sexan aprobadas idénticas medidas ás dos municipios veciños.
"Despois de case ano e medio con todo isto, sufrindo o indecible, sen durmir, sen un minuto de tranquilidade , pasando frio, calor, choiva, sen felicidade, sen traballo, algúns a punto de perder as súas casas, e o que é peor algúns case perdendo a vida por todo este sufrimento... non imos deixar que se salgan ca súa baixo ningún concepto. Se ahora consentimos esto, que vai ser o seguinte que nos fagan a todos?", declarou a voceira da Plataforma, Rosana Prado.