A Plataforma de Defensa do Verdugo aplaude que Augas de Galicia revogue a urxencia do trasvasamento

Pontevedra
12 de xaneiro 2018

O colectivo entende que esta decisión permite afrontar con calma o problema con medidas que favorezan o uso responsable da auga e o estudo de alternativas menos agresivas para o medio ambiente

Río Verdugo en Ponte Caldelas
Río Verdugo en Ponte Caldelas

A Plataforma en Defensa do río Verdugo (Pladever) mostrou a súa satisfacción ante a decisión de Augas de Galicia de revogar a declaración de urxencia para acometer as obras de transvasamento do Verdugo. Desde este colectivo enténdese que, desta forma, pódense estudar alternativas eficaces sen causar problemas medio ambientais e adoptando medidas para lograr un uso responsable da auga.

Fernando Malvar, portavoz de Pladever, manifesta que é necesario que cada un dos concellos implicados debe buscar solucións satisfactorias para preservar o ecosistema e a biodiversidade da conca dos ríos Oitavén e Verdugo.

Este colectivo cre que o estudo realizado por expertos en diversas materias desde un punto de vista científico para esta plataforma debe servir de base para adoptar "decisións racionais".

Entenden que é preciso estudar outras opcións como unha auditoría da rede de abastecemento para evitar fugas da 40% da auga captada no encoro de Eiras, a procura de captacións subterráneas ou a instlación de minidesalinizadoras para zonas do sur da provincia.

Representantes da plataforma manterán diversos encontros a partir do luns 15 con representantes públicos dos concellos afectados polos problemas de auga como Cangas ou Moraña.

Arquivado en