A Peregrina amence sen a escultura do Loro Ravachol

Pontevedra
09 de decembro 2018

A popular figura situada na céntrica Praza da Peregrina sufriu un presunto ataque vandálico durante a madrugada deste domingo. A escultura, arrincada do seu lugar, foi localizada nas inmediacións por axentes da Policía Local

Praza da Peregrina sen a escultura do Loro Ravachol
Praza da Peregrina sen a escultura do Loro Ravachol / Diego Torrado

Pontevedra amenceu diferente este domingo, sen a que se converteu en poucos anos nunha das imaxes preferidas polos veciños, a do popular Loro Ravachol na Praza da Peregrina.

A escultura de Ravachol, símbolo do entroido pontevedrés, foi arrincada durante a madrugada do lugar que ocupaba, no que presuntamente se trata a un acto vandálico.

Tanto a figura como a estrutura que o suxeitaba foi arrincado desde a base.

Foi unha patrulla da Policía Local que pasaba polo lugar a que se decatou da súa ausencia, pouco antes das 8:00 horas da mañá, polo que buscaron polas inmediacións ata atopala nun lateral do santuario da Peregrina.

Segundo explicou o corpo de seguridade municipal, a escultura "só está rota pola base", sen que se produciron danos de maior consideración. 

A Policía custodia agora a figura e iniciou as investigacións para tentar esclarecer o sucedido, para o que ademais de recompilar información de posibles testemuñas ten previsto revisar as cámaras de seguridade da zona.