A pedra da Ferrería convértese nun retrato do carballo de Santa Margarida

Pontevedra
27 de novembro 2022

Este sábado, desde as once da mañá e ata as sete da tarde, os impulsores do proxecto "Escrita con zume", a Asociación cultural Robus Robur da man do IES Luís Seone, animaron á cidadanía para participar nunha obra colectiva, efémera e participativa

Retrato colectivo do carballo de Santa Margarida na Praza da Ferrería
Retrato colectivo do carballo de Santa Margarida na Praza da Ferrería / Cristina Saiz

O carballo de Santa Margarida foi desde fai centos de anos unha fonte de inspiración para os artistas. Existen innumerables retratos desta árbore, realizados ao longo de diferentes séculos e desde disciplinas, técnicas e temas diversos. 

Debuxos como os de Adolfo Vázquez Vidal ou Sobrino, paisaxes como os de Canitrot ou o costumismo de Castelao permitíronnos seguir a evolución desta árbore singular a través da súa historia e das historias daqueles que o teñen inmortalizado.

O carballo de Santa Margarida, candidato a "Árbore do ano 2023", é unha icona viva da cidade de Pontevedra. É unha árbore que foi testemuña das vidas de centos de xeracións.

Por iso este sábado, desde as once da mañá e ata as sete da tarde, os impulsores do proxecto "Escrita con zume", a Asociación cultural Robus Robur da man do IES Luís Seone, animaron á cidadanía para participar nunha obra colectiva, efémera e participativa. 

Unha experiencia artística que converteu a fría pedra da Praza da Ferrería nun novo retrato deste ilustre carballo pero que, esta vez, non saíu das mans expertas dun único artista, senón dos trazos dunha comunidade.

O carballo de Santa Margarida é un dos nove árbores do Estado español que compiten por representar a España na elección da Árbore Europea do Ano 2023.

As votacións están abertas a toda a cidadanía ata o próximo 10 de decembro.