Coa maioría dos agasallos dos Reis xa abertos é momento de facer un repaso polos xoguetes estrela deste Nadal.
Este ano destaca, a Nancy Aitana. A empresa Famosa converteu á exconcursante de Operación Triunfo nunha das súas bonecas Nancy co seu particular flequillo, os accesorios e a vestimenta que a popular artista loce na súa canción 'Las Babys'. O seu prezo en tenda era duns 40 euros.
Entre os máis pequenos segue triunfando todos os xoguetes da Patrulla Canina e os seus distintos personaxes.
Tamén arrasaron os Ksi-Meritos, a pesar da campaña en contra deste xoguete que foi acusado de sexista e antiabortista polos movementos feministas.
Entre o máis pedido ás súas Maxestades de Oriente e a Papá Noel estaba o 'Wild Tigerbot', un boneco transformable que pode cambiar entre os seus modos de vehículo e de robot.
Logo hai clásicos que repiten o seu éxito ano tras ano como ocorre coas Barbies, os Lego e Playmóbil e os xogos de mesa. E, por suposto, os videoxogos e os patinetes.