Vintecatro horas logo da singular protesta do luns coa "compra sen fin" a Patronal do comercio acaba de anunciar que se senta a negociar.
Os tres sindicatos maioritarios no sector do comercio (CIG, CC OO e UGT) están convocados a unha mesa de negociación o próximo día 29, en Vigo.
Reacciona así a patronal ante o inicio do calendario de movilizacións sorpresa que pretenden evitar que a partir do próximo mes de xullo entre 30.000 e 40.000 contratos pasen a ser regulados polo Estatuto dos Traballadores, o que supoñería, aseguran, unha merma nos soldos "de case un 40%".
Hoxe de novo, no marco da folga xeral as tres centrais sindicais repetiron a súa orixinal protesta: entraron no Hipermercado Gadis da rúa Fernández Villaverde, encheron os seus carros da compra e intentaron pagar con tarxetas para a continuación exigier automáticamente a súa devolución.
Con todo os empregados do establecemento comunicaron a incidencia á dirección do Grupo Moldes, que deu orde de pechar o supermercado.