A partir do xoves 29 haberá restricións de estacionamento con motivo do Mundial de Duatlón

Pontevedra
25 de maio 2014

Dende o martes van instalarse máis de 600 valados para marcar as zonas nas que se prohibirá o estacionamento debido á importante proba deportiva

Campionato de España de Dúatlon 2013
Campionato de España de Dúatlon 2013

A partir do martes 27 de maio instalaranse máis de 600 valos polas rúas de Pontevedra para marcar o percorrido das probas da Copa do Mundo de Dúatlone sinalar as zonas nas que quedará prohibido o estacionamento a partir do xoves 29. Tamén se colocarán 73 paneis informativos para indicar as entradas e as saídas da cidade.

Dende a semana pasada, a Policía Local de Pontevedra está informando nos establecementos públicos que se ven afectados polas distintas probas deste campionato.

O mércores levarase a cabo a última reunión de todos os organismos, empresas e servizos que participan no operativo de seguridade coa finalidade de coordinar e ultimar detalles propios da organización que ofrece as seguintes características:

Percorridos:

  • Sábado 31 de maio: entre as 08:00 horas e as 20:30 horas

Circuíto a pé: Padre Fernando Olmedo (ata o número 22); Padre Gaite; Perfecto Feijoo; Praza Barcelos; Rouco; Cobian Roffignac; Benito Corbal (tramo entre C. Roffignac e Praza Peregrina); Praza Peregrina, Porta de Trabancas; Soportais Ferrería, Praza Curros Enríquez; Real; Sarmiento; Padre Amoedo, Bos Aires, Xosé Malvar (ata cruce coa rúa da Seca).

Circuíto bicicleta: Avenida Bos Aires; Ponte dos Tirantes; Enxeñeiro Rafael Areses; Avenida Compostela (ata a rotonda con Médico Ballina), Ponte de Santiago e Avd. Bos Aires.

  • Domingo 1 de xuño: entre as 07:30 e as 19:00 horas.

Circuíto a pé: Padre Fernando Olmedo (ata nº 22); Padre Gaite; Perfecto Feijoo; Praza Barcelos; Rouco; Cobian Roffignac; Benito Corbal (tramo entre C. Roffignac e Praza Peregrina); Praza Peregrina, Porta de Trabancas; Soportais Ferrería, Praza Curros Enríquez; Real; Sarmiento; Padre Amoedo, Bos Aires, Xosé Malvar (ata cruce con rúa da Seca).

Circuíto bicicleta: Avenida Bos Aires; Ponte dos Tirantes; Enxeñeiro Rafael Areses; Avenida Compostela, N-550 (hasta la rotonda Curro), Ponte de Santiago e Avd. Bos Aires.

En todo caso, segundo anuncian dende o Concello de Pontevedra, os residentes con garaxe nestas rúas poderán acceder a eles pero non estacionar na rúa entre as 21.00 horas ata as 07.00 horas.

A partir do xoves 29 de maio prohibirase o estacionamento en diversas rúas da cidade e nas zonas afectadas pola competición prohibirase a carga e descarga durante o sábado e o domingo.

Tamén se verá afectada a estrada N-550 entre Pontevedra e Barro, que estará pechada ao tráfico no tramo entre Pontevedra e a glorieta do desvío cara á estrada a Vilagarcía-Curro durante o domingo 1 de xuño entre as 07.30 e as 16.00 horas. Sinalizaranse desvíos.

A páxina web do Concello irá incluíndo información sobre todos os cortes de tráfico e as zonas afectadas e a Policía Local pon a disposición dos cidadáns o teléfono 986.84.52.42 para ofrecer unha información personalizada ante calquera circunstancia especial que se produza durante estas xornadas.