A partir deste mércores volverá administrarse a vacina AstraZeneca en Galicia

Pontevedra
22 de marzo 2021

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) anuncia que irá incorporando a este proceso aos menores de 65 anos, ao ritmo que marque a chegada de viais. O número de vacinas de AstraZeneca que chegaron a Galicia esta semana foi o 57% da cantidade prevista, en total foron aportadas algo máis de 12.000 vacinas

Xornada de vacinación de covid no Recinto Feiral de Pontevedra
Xornada de vacinación de covid no Recinto Feiral de Pontevedra / Cristina Saiz

Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, participaba este luns, por videoconferencia, nun novo encontro do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. Durante esta reunión decidíase retomar a vacinación coa medicación de AstraZeneca, ampliándose a persoas con idades comprendidas por baixo dos 65 anos.

Segundo informan desde a Consellería de Sanidade, a vacinación en Galicia renovarase a partir deste mércores 24. Quérese retomar a  inoculación desde onde quedou paralizada, cos grupos 3 B, de persoal implicado na xestión e resposta da pandemia; 3C, resto de persoal sanitario e sociosanitario non vacinado con anterioridade e grupo 6, profesionais da Garda Civil, Policía Nacional e Autonómica, Local, Bombeiros e outros corpos de atención á cidadanía. 

A medida que cheguen os viais comezarase a incorporar a persoas menores de 65 anos, segundo indican desde o  Servizo  Galego de  Saúde (SERGAS). O número de vacinas de  AstraZeneca chegado esta semana sitúase nun 57% do previsto, en total recolléronse 12.000 vacinas. 

A partir deste martes, o departamento sanitario de Galicia comezará a realizar as citacións para convocar ás persoas que serán vacinadas nos próximos días. Ata o momento, a Xunta de Galicia administrou un total de 385.613 dose. 119.941 residentes na comunidade autónoma xa recibiron a pauta completa.