O Concello de Poio aplicará unha bonificación do 40% no Imposto de Bens Inmobles (IBI) ás familias numerosas empadroadas no municipio a partir do ano 2025.
Esta medida beneficiará a máis de 200 familias residentes no Concello, según os datos que manexa o goberno local.
O alcalde, Ángel Moldes, reuniuse con representantes da Asociación Galega de Familias Numerosas (AGAFAN)para avanzar esta iniciativa, que será presentada ao pleno municipal este mes para modificar a ordenanza fiscal reguladora do IBI.
A bonificación aplicarase á cota íntegra do imposto das residencias habituais das familias numerosas.
Moldes destacou que esta medida "reafirma o compromiso e apoio do Goberno ás familias" e forma parte dunha serie de accións para converter Poio nun concello familiar.
Entre outras iniciativas xa implementadas, o alcalde mencionou os Espazos Concilia gratuítos.
. Ademais, adiantou que se están estudando novas reducións de impostos.
A Asociación Galega de Familias Numerosas valorou positivamente o anuncio e expresou a súa disposición a seguir colaborando co Concello en futuras iniciativas.