A parroquia de Santiaguiño do Burgo cumpre 20 anos

Pontevedra
31 de outubro 2016

Con tal ocasión organizáronse unha serie de actos para lembrar as súas orixes e os comezos tan difíciles pola precariedade económica, o templo en obras e outras vicisitudes que este luns detallou en rolda de prensa o cura párroco, Luís Alcántara

Luis Alcántara, cura párroco de Santiago Peregrino do Burgo
Luis Alcántara, cura párroco de Santiago Peregrino do Burgo / Mónica Patxot

Este 1 de novembro cúmprense 20 anos da creación da parroquia de Santiago Peregrino do Burgo, desvinculándose de Santa María a Maior e da do Divino Salvador de Lérez. 

Con tal ocasión organizáronse unha serie de actos para lembrar as súas orixes e os comezos tan difíciles pola precariedade económica, o templo en obras e outras vicisitudes que este luns detallou en rolda de prensa o cura párroco, Luís Alcántara.

Programa de actos

  • Domingo 6 de novembro, 
    • 13.00 horas. Misa solemne presidida polo Arcebispo de Santiago e cantada pola Coral Parroquial. 
    • Ao rematar inaugurarase a exposición "A Parroquia no Camiño", comisariada por Rafael Sánchez-Agustino.
  • Sábado 12 de novembro, 
    • 19.00 horas. Inauguración da exposición "O Catecismo en marcha".
    • 20.00 horas. Conferencia "O Burgo Pequeno na historia", e presentación do libro "Á beira da Santiña", relator e autor Mario Galego Rey.
  • Sábado 26 de novembro
    • 20.00 horas. Conferencia de Celestino Lores Rosal "O Burgo no Camiño Portugués a Santiago"
  • Venres, 2 de decembro
    • 21.00 horas, Concerto das corais de Sobradelo, do Colexio de Avogados e do Burgo
  • Sábado 10 de decembro 
    • 19.30 horas. Inauguración do Belén parroquial e concerto do Coro dos Antigos alumnos do Insitituto.