A pandemia adianta e fai máis necesaria a campaña de agasallos de Nadal 'En-volve'

Pontevedra
02 de novembro 2020

A campaña faise este ano máis necesaria pola crise económica derivada da pandemia e en Meniños son conscientes desta necesidade, de maneira que empezaron xa a pedir cómplices entre a cidadanía de Pontevedra para lograr cubrir toda a demanda de agasallos. "Este ano máis que nunca, agardamos contar, de novo, coa túa colaboración", piden

Agasallos
Agasallos / Biblioteca ETSI Telecomunicación

A pandemia da covid-19 motivou este ano 2020 que se adianten os prazos da campaña de agasallos de Nadal 'En-volve', que pon en marcha a Fundación Meniños para lograr que ningún neno pontevedrés quede sen agasallo durante as festas  a pesar da situación económica da súa familia. 

A campaña faise este ano máis necesaria pola crise económica derivada da pandemia e en Meniños son conscientes desta necesidade, de maneira que empezaron xa a pedir cómplices entre a cidadanía de Pontevedra para lograr cubrir toda a demanda de agasallos. "Este ano máis que nunca, agardamos contar, de novo, coa túa colaboración", piden.

Desde Meniños explican que ste ano comezan con antelación para poder planificar con tempo e facilitar que sexa unha campaña segura para todas as persoas implicadas, os cómplices que axudan na adquisición de agasallos e as familias en situación de vulnerabilidade que requiren a colaboración de Meniños para que os seus nenos teñen un paquete debaixo da árbore de Nadal a pesar de que eles non teñen a posibilidade económica de mercalo. 

Como principal novidade, este ano só se entregarán cartas vía whatsapp para evitar o contacto presencial tanto coas familias receptoras dos agasallos coma cos cómplices que participarán. Desta maneira, acudirase de xeito presencial á Casa Azul única e exclusivamente para a entrega do agasallo.

Todas as persoas que estean interesadas en participar na campaña deste ano poden cubrir o seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/1UHod8agNX4aKqF7ZJLKKLzaO4X3UyTPvnuoS1S7DJOY/edit

Ante calquera dúbida, os teléfonos de contacto da campaña son 678 75 49 33 e 604 08 14 72.