A oposición de Marín non apoiará a zona de aparcamento comercial "ata que se recuperen as prazas suprimidas"

Marín
12 de setembro 2020

A pesar de ser impulsores da medida e de compartila na súa maioría, argumentan que "a xestión do equipo de goberno foi tan negativa que acabou provocando un forte rexeitamento social. Faltou pedagoxía para explicar a iniciativa e planificación para evitar os problemas actuáis"

Aparcadoiro da zona do Porto
Aparcadoiro da zona do Porto / Concello de Marín

O PSOE de Marín non apoia a creación da zona de aparcamiento comercial que quere instaurar o goberno local "ata que se recuperen as prazas de aparcamento suprimidas", explican dende o Partido.

"Dende o PSOE vimos aportando numerosas propostas e colaborando con distintas iniciativas municipais encamiñadas á mellora do noso comercio local, e a creación do aparcamento que vimos en denominar 'Zona Comercio' foi unha delas. Entendemos que se trata dunha iniciativa que serve para aumentar a rotación de prazas de aparcamento nas rúas de maior intensidade comercial, onde entendemos que é moi negativo a presenza de vehículos estacionados durante varios días ou mesmo semanas", destacan.

Sen embargo, a pesar de ser impulsores da medida e de compartila na súa maioría, argumentan que "a xestión do equipo de goberno foi tan negativa que acabou provocando un forte rexeitamento social. Faltou pedagoxía para explicar a iniciativa e planificación para evitar os problemas actuáis".

En palabras de Manuel Pazos, voceiro municipal do PSOE, "o goberno local pretende impulsar esta medida xusto no momento en que acaba de suprimir máis de 40 prazas de aparcamento coa realización de obras en Ezequiel Massoni, Rúa Estrada e pola ampliación de terrazas. No nosa opinión é un erro impulsala agora mesmo. Primeiro recuperemos as prazas eliminadas e despois impulsemos a Zona Comercio."

Por último, queren destacar que "esta mala planificación provoca que unha medida inicialmente positiva, sexa rexeitada por unha ampla maioría de xente, non tanto pola medida en sí, se non por non solucionarse previamente os problemas de aparcamento que existe", e insisten en que "o PSOE plantexou no pleno municipal do xoves apoiar a creación desta zona de estacionamento comercial só se antes se solucionaba o problema do aparcamento ocasionado coas recentes obras e, ante a negativa do PP de agardar un par de meses, optamos por absternos da votación".