A Operación 'Centinela Gallego' péchase cun balance de máis de 200 avisos

Pontevedra
17 de setembro 2013

Efectivos da Brilat participaron na campaña dende o pasado 15 de xullo. Os avisos corresponden a alertas por incendios, queimas de restreba, presenza de persoas sospeitosas e de material incendiario

Unidades da Brilat de Pontevedra, Asturias e Valladolid, ademais de membros da Armada pertencentes ao Tercio Norte de Infantería de Marina de Ferrol concluíron a súa participación na Operación 'Centinela Gallego', mediante a cal patrullan as zonas montañosas e arboradas de Galicia para loitar contra os incendios.

O fin da campaña, que se estendeu dende o 15 de xullo ata o 16 de setembro, saldouse con máis de 200 avisos por alertas de incendios, queimas de restreba, presenza de persoas sospeitosas e de material incendiario.

Dende as Forzas Armadas consideran o obxectivo da operación "cumprido, sendo o balance positivo".

Nos labores de vixilancia e disuasión despregáronse ao redor de 800 de militares, que patrullaron máis de 404.100 quilómetros en vehículo, baixo o Mando Operativo do Xefe da Brilat, o Xeneral Alonso Miranda.

Arquivado en