A Oficina Técnica da Seca estableceu este venres a situación de prealerta por seca en 12 sistemas hidrográficos da Demarcación Galicia-Costa tras analizar a situación na que se atopan neste inicio de ano os recursos hídricos.
Aínda non se constatou unha situación de normalidade, segundo os informes técnicos, pero as choivas recollidas durante o mes de decembro melloraron a situación de alerta. En todo caso, desde esta oficina técnica se indica que, en todos os sistemas de demarcación de Galicia, se estableceu a normalidade que corresponde con esta época do ano.
Por este motivo, as concas do Verdugo e Oitavén e de todos os ríos máis pequenos que desembocan na ría de Vigo pasaron á situación de prealerta do mesmo xeito que a conca do río Lérez e de todos os ríos máis pequenos que desembocan na ría de Pontevedra.
Mantense a situación de alerta por seca nos ríos Ulla, Umia e en xeral, todos os que desembocan na costa comprendida entre O Grove e Cee.
O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, afirmou que o último mes de 2017 foi máis húmido do habitual, despois dun outono moi seco. As previsións de Meteogalicia apuntan a que o mes de xaneiro tamén manterá unha media de precipitacións por encima dos rexistros medios recollidos historicamente ao longo deste mes.