A oficina de información turística de Combarro abrirá este mércores 29

Poio
28 de marzo 2023

As dependencias situadas no espazo municipal de Carreiro do Campo permanecerán operativas de 9.30 a 20.30 horas, de martes a sábado; e de 11.00 a 13.00 horas os domingos

Visitantes en Combarro
Visitantes en Combarro / Mónica Patxot

Este mércores 29 de marzo ábrese a Oficina de Información Turística de Combarro, que se atopa nas dependencias do espazo municipal de Carreiro do Campo. Este espazo abrirá as súas portas de 09.30 a 20.30 horas, de martes a sábado, mentres que os domingos abrirá entre as 11.00 e as 13.30 horas.

A oficina estará a funcionar a pleno rendemento antes do inicio da Semana Santa cando está prevista unha notable afluencia de visitantes a Poio e, en concreto, a Combarro. 

Silvia Díaz, concelleira de Turismo, sinala que o departamento reforzou o seu persoal coa contratación temporal de dous informadores turísticos, que se incorporan a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, correpondente á convocatoria de 2023. As dúas persoas iniciarán o seu labor este mércores e o seu contrato ten unha duración de sete meses, ata a entrada do outono.

Desde o Concello de Poio tamén se tramitou unha incorporación a maiores para o Casal de Ferreirós, en San Salvador, a través da Rede INFO Rías Baixas, que aínda se atopa pendente de resolución.

Ademais, durante a Semana Santa permanecerá aberta casa Museo de Colón, en Portosanto. O horario de atención ao público será de martes a venres, de 15.30 a 20.30 horas, mentres que os sábados o servizo será matinal, de 09.30 a 14.30 horas.

Durante os domingos e luns. A concelleira de Turismo lembra que toda a información de interese pódese consultar na web de Turismo de Poio, entre outra información ofrécense datos sobre aloxamentos e establecementos de hostalería, cos seus horarios e localizacións.