A oficina de Correos da Oliva agasalla un libro de lendas aos peregrinos

Pontevedra
13 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

O libro, en formato de peto, recolle quince relatos de diferentes roteiros que contan co apóstolo Santiago como protagonista e que se foron transmitindo de peregrino a peregrino ao longo dos séculos  

Traballadores da Oficina de Correos da rúa Oliva
Traballadores da Oficina de Correos da rúa Oliva / Correos

A oficina de Correos na Rúa Oliva de Pontevedra entregará aos peregrinos que se pasen por ela o libro "Lendas do Camiño de Santiago".

Este caderno ilustrado pretende poñer en valor o patrimonio inmaterial do Roteiro Xacobeo.

O libro, en formato de peto, recolle quince relatos de diferentes roteiros que contan co apóstolo Santiago como protagonista e que se foron transmitindo de peregrino a peregrino ao longo dos séculos.

As lendas están recompiladas pola Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (FEAACS), explicadas polo seu vogal Isidro Rodríguez, e contan coas ilustracións do deseñador Roi Fernández. Cada unha delas conta cunha pequena ficha que inclúe título, ámbito xeográfico, roteiro xacobeo e fonte, así como algunhas lendas relacionadas.

Na recompilación de lendas atópanse entre outras "O romeiro mutilado" ou "A pomba e o hospital de Santa Cristina", incluídas no Códice Calixtino, xunto con outros relatos e milagres sobre a solidariedade, a gratitude, a caridade ou o perdón, motivos que moven as peregrinacións e que permanecen presentes ao longo dos séculos no Camiño de Santiago.