A oficina de Abanca en Portas abrirá dous días á semana

Umia
14 de setembro 2021

Portas tendrá servicios bancarios de Abanca os martes e xoves de 8:15 a 14:15 horas segundo lle confirmaron ao alcalde, Ricardo Martínez, nunha xuntanza mantida este luns no Consistorio con responsables territoriais da entidade bancaria.

Oficina de Abanca en Portas
Oficina de Abanca en Portas / Concello de Portas

Portas tendrá servicios bancarios de Abanca os martes e xoves de 8:15 a 14:15 horas segundo lle confirmaron ao alcalde, Ricardo Martínez, nunha xuntanza mantida este luns no Consistorio con responsables territoriais da entidade bancaria.

O alcalde comunicou de inmediato aos voceiros dos distintos grupos municipais a nova medida de Abanca que manterá operativa a oficina en Portas.

A Corporación Municipal acolle con cautela esta nova decisión empresarial de Abanca e agarda que sirva non so para conservar os servizos bancarios no municipio senón para consolidalos no tempo e con novas operativas en función das necesidades da veciñanza e do tecido empresarial local.

A Corporación Municipal seguirá atenta e informando á veciñanza da evolución que esta nova decisión suporá para os usuarios de Abanca en Portas e os veciños en xeral.