A ocupación hoteleira en Poio na primeira metade de agosto, por riba do 85%

Poio
29 de agosto 2023

Ata un 85,77% de ocupación turística. É o resultado que acadaron os establecementos hoteleiros de Poio na primeira metade do mes de agosto, segundo os datos trasladados polo propio sector. Moitos deles mesmo acadaron ou rozaron o 100% de ocupación nos primeiros días do mes

Turistas nunha das oficinas de turismo de Poio
Turistas nunha das oficinas de turismo de Poio /

Ata un 85,77% de ocupación turística. É o resultado que acadaron os establecementos hoteleiros de Poio na primeira metade do mes de agosto, segundo os datos trasladados polo propio sector.

Moitos deles mesmo acadaron ou rozaron o 100% de ocupación nos primeiros días do mes.

As vivendas turísticas e de uso turístico que operan no Concello, pola outra banda, rozaron a ocupación plena, conforme aos datos comunicados pola asociación Aviturga.

A estes datos súmase a actividade das oficinas de información turística municipais atenderon a 2.144 visitantes na primeira metade de agosto, un 22% más que no mesmo periodo de 2023.

A gran maioría dos usuarios (93%) eran de procedencia nacional, principalmente de Madrid, Andalucía, Comunidade Valenciana e País Vasco, mentres que os visitantes estranxeiros procedían maioritariamente de Francia, Portugal e Inglaterra.

As solicitudes de información versaron, especialmente, sobre Combarro, o Mosteiro de Poio, as sendas e recursos naturais do Concello e as visitas a Tambo.

"Son unhas cifras positivas moi positivas por si mesmas, que falan dunha boa progresión durante os meses de verán e permiten falar da consolidación de Poio como un destino moi forte e con personalidade propia nas Rías Baixas", segundo a concelleira de Turismo, Rocío Cochón.

A edil subliñou o "cauto optimismo" que hai nas previsións do seu departamento e do sector de cara aos datos finais de agosto e da primeira quincena de setembro e destacou que quen se achegue a Poio en calquera momento do ano "ten un plan asegurado".