A nova planta de biorresiduos de Vilanova entrará en funcionamento o 1 de decembro

O Salnés
04 de novembro 2023

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou este sábado que a nova planta de biorresiduos de Vilanova de Arousa comezará a funcionar a partir do vindeiro 1 de decembro

Visita de Alfonso Rueda á nova planta de biorresiduos de Sogama en Vilanova
Visita de Alfonso Rueda á nova planta de biorresiduos de Sogama en Vilanova / Xunta de Galicia

O próximo 1 de decembro é a data escollida para que comece a funcionar a nova planta de biorresiduos de Sogama en Vilanova de Arousa.

Así o confirmou este sábado nunha visita ás instalacións o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado entre outros da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, do presidente da Deputación, Luis López, do presidente de Sogama, Javier Domínguez, e do alcalde da localidade.

"Vai atender directamente un número moi importante de concellos, e ademais, complementarase cunha serie de plantas auxiliares", explicou Rueda sobre unha instalación que dará servizo a 26 concellos e a unha poboación total de 327.000 habitantes.

"É a planta de compostaxe máis importante que vai haber na provincia de Pontevedra", defendeu o presidente galego tras investirse na mesma 15,8 millóns de euros.

Esta infraestrutura está capacitada para tratar cada ano 15.000 toneladas da materia orgánica que os concellos recollan e outras 7.000 toneladas de material estructurante como podas ou restos de madeira.

Ademais a planta integrará todas as fases do proceso de compostaxe dos residuos orgánicos, o que permitirá que cada ano produza unhas 6.000 toneladas de compost de alta calidade que será usado en agricultura e xardinería.

Con esta planta de biorresiduos poderase dar cumpliemiento á normativa europea que insta os municipios a recoller de forma diferenciada a materia orgániza a partir do próximo 31 de decembro, un aspecto que se realizará a través de contedores de cor marrón e sistemas de compostaxe doméstica e comunitaria.