A nova Casa do Pobo de Augasantas, en marcha

Cerdedo-Cotobade
13 de outubro 2017

Case 60.000 euros está a investir o Concello de Cerdedo-Cotobade na ampliación da Casa do Pobo de Augasantas, obras que xa comezaron e avanzan a bo ritmo. É unha actuación enmarcada no Plan de Centros Veciñais 2019, co que se pretende actuar e mellorar os recintos sociais de todas as parroquias no presente mandato municipal

Obras de ampliación da Casa do Pobo de Augasantas
Obras de ampliación da Casa do Pobo de Augasantas / Concello de Cerdedo-Cotobade

Case 60.000 euros está a investir o Concello de Cerdedo-Cotobade na ampliación da Casa do Pobo de Augasantas, obras que xa comezaron e avanzan a bo ritmo.

É unha actuación enmarcada no Plan de Centros Veciñais 2019, co que se pretende actuar e mellorar os recintos sociais de todas as parroquias no presente mandato municipal.

O proxecto, que foi adxudicado o pasado mes de agosto por 53.000 euros aos que hai que engadir 5.000 máis en melloras, consiste na ampliación, adecuación e modernización do recinto para que a parroquia de Augasantas, unha das máis dinámicas do concello, conte con instalacións axeitadas e espazo suficiente para o desenvolvemento das súas actividades.

Ademais, a última hora, e atendendo ás demandas dos veciños, acometéronse certas modificacións no proxecto para encaixalo nas súas necesidades.

As obras, que arrancaron tras as festas de setembro previo acordo coa veciñanza e a comunidade de montes, forman parte do plan de investimentos que se está a levar a cabo en Augasantas cun total de seis actuacións en marcha ou a piques de iniciarse por un importe total de 820.000 euros.