A artesanía terá un papel protagonista esta domingo na Alameda de Marín coa celebración da quinta edición da mostra que organiza a Asociación Gallaecia.
A partir das 10.00 horas abrirase o mercado, que estará a disposición do público ata as 22.00 horas.
Ás 13.00 horas, presentarase o audiolibro "A primeira meiga", escrito e producido polo marinense Juan Prieto, que estará na Alameda para asinar exemplares.
A partir das 13.30 horas, haberá sesión vermú a cargo da banda pontevedresa Querido extraño, co seu estilo que mistura o folk, country e o blues.
Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas, Laura Naveira fará animación infantil e ás 19.00 horas, actuará a agrupación de zumba Kris y los Zumbis.