A morte dunha muller de 79 anos eleva a 256 as persoas falecidas co coronavirus na área sanitaria

Pontevedra
24 de febreiro 2022

O  Servizo  Galego de  Saúde informa que son 2.392 as persoas con infección activa de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra O Salnés, segundo a última actualización dos datos da pandemia feita este xoves 24 de febreiro, son 62 menos que onte mércores. Nas últimas 24 horas curáronse 222 persoas e detectáronse 161 novos casos abertos

Datos covid-19 durante este xoves 24 de febreiro na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
Datos covid-19 durante este xoves 24 de febreiro na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés

A morte dunha muller de 79 anos eleva a 256 as persoas falecidas co coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés desde o inicio da pandemia.

O Servizo Galego de Saúde informa que son 2.392 as persoas con infección activa de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra O Salnés, segundo a última actualización dos datos da pandemia feita este xoves 24 de febreiro, son 62 menos que onte mércores.

Nas últimas 24 horas curáronse 222 persoas e detectáronse 161 novos casos abertos.

O Sergas notifica este xoves que hai un total de 74 pacientes enfermos de covid-19 que están ingresados en planta de hospitalización, son 8 menos que onte. Son 65 (seis menos que onte) no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 2 (un menos) no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 7 (un menos) no Hospital do Salnés. 

Xa só hai 1 paciente en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo.

O resto dos que contraeron o virus, 2.317 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica, ao ser asintomáticos ou ter pouca sintomatoloxía.

Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 54.244 pacientes.

En canto á realización de PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 385 probas, que se engaden ás 399.266 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria. A elas súmanse as 229.496 probas de antígenos e outras 123.564 probas de detección da covid-19.

GALICIA

Segundo informou a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade os casos activos baixan a 22.477, un descenso de 357 infectados.

O número de novos casos é de 1.676, descende en 779 respecto a os do xoves pasado. Tamén baixa de 564 a 509 o número de persoas hospitalizadas, 89 menos que hai unha semana.

A incidencia a 14 días baixa 87 puntos a 1.087 e a incidencia a 7 días baixa 29 puntos ata os 438 casos por cada 100.000 habitantes.

Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.477 deles 4.724 son da área da Coruña, 2.702 da de Lugo, 2.679 da de Ourense, 2.392 da de Pontevedra, 4.527 da área de Vigo, 3.918 da de Santiago e 1.307 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 484 en unidades de hospitalización e 21.968 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 466.919 persoas curadas, rexistrándose 3.086 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus tiveron lugar o pasado martes día 22 de febreiro: Un home de 96 anos, na área sanitaria de Ferrol; un home de 75 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, unha muller de 79 anos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés e outra muller de 76 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee. Todas estas persoas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.683.227. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.523.752.